Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presentámosvos a undécima edición desta LANparty, que se celebrará este ano durante os días 26, 27 e 28 de marzo no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Durante estes 11 anos, a XGN foi evolucionando ata converterse nun espazo de encontro xuvenil, de formación e de iniciación ao mundo dixital, indo máis alá da conexión ultrarápida a internet. É xa unha consagrada plataforma para dar a coñecer os últimos avances tecnolóxicos, e por suposto, para a potenciar o software libre.

Obradoiros de balde
Unha das grandes novidades deste ano é a apertura de portas aos obradoiros. Deste xeito poderán participar neles todos as persoas que estean interesadas en asistir, e non só os usuarios inscritos do evento. Tranfórmase así a XGN nun espazo para a aprendizaxe, onde o público en xeral poderá acceder a talleres centrados en novas tecnoloxías e linguaxes de desenrolo, deseño web ou softwate libre.
Este tipo de actividades estarán dispoñibles durante os tres días que dura o evento, e o único requisito necesario para asistir a elas é apuntarse previamente a través da nosa páxina web. Así que, si estades interesados en asisitir, alistádevos no noso apartado de 'Obradoiros'. Tan só teredes que enviarnos o voso nome e a vosa dirección de correo electrónico. Do resto, xa nos encargamos nos, porque este ano, son de balde para todos!
Unha gran rede de 'partys' galegas
É coñecido por moitos que a XGN non é a única 'party' que se celebra en Galicia. Existen outras, a nivel rexional, como é o caso da 'Arroutada Party' da Coruña, a 'Kutruparty' na Estrada, a 'Arousa Party' en Vilanova de Arousa, ou 'Ludus Party' de Lugo entre outras. E se todas confluísen nunha?

Crear unha rede de 'partys' galegas é un dos nosos obxectivos a longo prazo, potenciar a formación continua nas novas tecnoloxías dos galegos e deste xeito poñer a Galicia nos primeiros postos a nivel nacional. Aunar os esforzos necesarios para coordinar todos os evento deste tipo é sinónimo de mellores resultados.